Os nosos viños

Adega Condes de Albarei

Adega Condes de Albarei abastécese dos seus propios viñedos, contando cunha ampla extensión de cultivo e os medios necesarios para controlar os procesos produtivos do viño desde a súa orixe.

O cultivo do albariño conta cun esmerado control e coidado da viña ao longo de todo o ano ata a recollida da uva, por parte dos técnicos de campo da adega.

Condes De Albarei

Albariño

O albariño Condes de Albarei elabórase cos mellores mostos flor para extraer a pureza varietal da uva albariño.

NOTA DE CATA
De cor amarelo dourado con reflexos verdosos. En nariz presenta unha intensidade media-alta, con aromas florais e matices de froitas brancas. Trátase dun aroma limpio e elegante. En boca, o viño é fresco, amplo, redondo e cunha marcada persistencia aromática.

Enxebre

Albariño

Elabórase exclusivamente con uvas moi maduras procedentes dos viñedos máis vellos. O proceso de elaboración basease nun antigo e artesanal método adaptado á moderna tecnoloxía da adega que consiste nunha maceración carbónica natural.

NOTA DE CATA
De cor amarelo dourado con reflexos verdosos. En nariz presenta unha boa intensidade aromática, dominando os aromas afroitados a mazá e melocotón, sobre un sutil e elegante fondo de flores brancas. Na boca, o viño é fresco, glicérico, con corpo e un final lixeiramente amargo que lle proporciona unha gran personalidade e complexidade.

Carballo Galego

Albariño

Os mellores mostos flor son seleccionados para fermentar en barricas bordelesas novas de carballo galego, onde permanecen xunto coas súas lías durante meses para obter un albariño de gran carácter e singularidade.

NOTA DE CATA
De coor amarelo limón con reflexos dourados. En nariz presenta unha boa intensidade aromática, na que se conxugan as notas de froita madura propias da variedade de uva, cos aromas típicos da crianza en barrica, como notas especiadas, café, vainilla e coco. En boca, o viño é moi denso, glicérico, longo e cunha gran persistencia aromática.

Albariño en rama

Albariño

Partendo de uva albariño moi madura de viñas vellas e despois dunha elaboración respectuosa, este viño permaneceu en depósito durante varios anos sobre as súas lías finas, madurando lentamente. Como resultado deste longo proceso de afinamento, o viño amosa toda a súa pureza e integridade, que se reflicte na súa complexidade aromática, potencia, estrutura e lonxitude na boca.

NOTA DE CATA
Condes de Albarei en Rama destaca por su franco carácter varietal, floral (acacia, pétalo de rosa), vegetal (jara, espliego), con dejos de miel e unha grata e suxerente complexidad. Na boca, é opulento, sedoso, graxo e glicérico, equilibrado, saboroso, con acedume integrada. Final poderoso, floral con notas herbáceas e de froita compotada, e postgusto de gran viveza e lonxitude.

albariño as voltas

Albariño

O albariño As Voltas elabórase a partir da variedade albariño recollida nas pequenas parcelas dos nosos viñedos situados no corazón do Valle do Salnés. Cos nosos mellores mostos flor, elaboramos este viño de gran calidade que foi elixido pola Casa Real Española como o viño branco para acompañar ao menú servido na comida celebrada para festexar a maioría de idade da Princesa Leonor.

NOTA DE CATA
Este albariño defínese pola súa notable frescura e vivacidade. Preséntase cunha cor amarela pálida adornado con reflexos verdosos, reflectindo a súa mocidade e vitalidade. En nariz, mostra unha impresionante intensidade aromática, con matices florais de xasmín e azar, acompañados pola frescura tentadora de froitas brancas e cítricas, como pera, mazá e limón. En boca, posúe unha acidez equilibrada e unha textura suave e sedosa. Os sabores intensos e persistentes de froitas toman protagonismo, complementados con notas cítricas e tropicais, como piña e maracuxá. O final é refrescante e duradeiro, deixando unha agradable sensación de mineralidad.

Albarei Áine

Albariño

ÁINE: deusa celta do aire e do vento, dona dos nosos soños e ilusións. Filla do deus do mar.

Este albariño da Colección Albarei está elaborado coas uvas dos viñedos de Condes de Albarei bañados pola Ría de Arousa, o que inflúe mágicamente na maduración da uva, alongándoa e conseguindo unha maior expresión varietal. A súa intensidade aromática de carácter floral e a singular estrutura en boca chaira de frescura, salinidade e potencia, fai que a súa vida en botella sexa moi longa e pracenteira.

NOTA DE CATA De cor amarela pajizo con reflexos dourados. Presenta aromas florais, balsámicos e recordos de froita branca. En boca é fresco, de marcado carácter salino e mineral. Cun longo final de boca.

Albarei Orixe

Albariño

Orixe: rende tributo aos míticos albariños de outrora.

Albariño elaborado de forma artesanal, onde o mosto fermenta xunto aos seus hollejos, conseguindo un inigualable e evocador perfume da uva Albariño ben madura, unido a unha sensación en boca fresca e consistente. A evolución deste albariño da Colección Albarei é moi favorable en botella.

NOTA DE CATA Cor amarela dourada. Fresco, aromas de flores brancas e cítricos, lixeiras notas de tostados e especiados e froitas confeitadas ligadas á evolución en botella. Longo en boca, ensamblan o frescos frescor de sensacións cítricas e a suavidade dos tostados da madeira e crianza en botella.

Albarei TEMPERO

TEMPERO: “sazón o estado óptimo de una cosa”.

Albarei Tempero é un viño da Colección Albarei. As uvas coas que se elabora este albariño proceden de viñedos graní cos, cunha idade media de máis de 40 anos do Valle do Salnés. Unha elaboración baseada na baixa intervención, onde o primordial é o tempo, a calma, a espera, necesaria para elaborar un albariño de garda.

NOTA DE CATA
De cor amarela pajizo con reflexos dourados. Destaca pola súa alta intensidade aromática, onde conviven aromas varietales de froita branca e de óso, con recordos cítricos, xunto coas notas de panadería, froita deshidratada, confeitura de laranxa etc. Unha boca graxa, envolvente, mineral, fresca e potente. Cun longo final.

Albarei Espadeiro

Tinto

A elaboración deste viño realízase a partir da uva procedente das nosas cepas de tinto espadeiro de máis de 100 anos.

Trala súa fermentación en barricas de carballo francés, o noso tinto espadeiro sométese a tres meses de crianza nas barricas, buscando en todo momento expresar ao máximo o carácter diferencial da variedade co sutil aporte da madeira.

NOTA DE CATA
Cor vermella picota con reflexos azulados. Con aromas de froita vermella (amorodos) e negra (grosella), e lembranzas de especiados. En boca é fresco, agradable, con pousos de froita vermella, de bo paso pola boca.

Tinto Plurivarietal

Tinto

Albarei Tinto Plurivarietal elabórase con uvas caíño, espadeiro e mencía, procedentes de cepas vellas.

Este viño sométese a unha crianza en barrica de carballo de tres meses, buscando expresar ao máximo o carácter diferencial das variedades co sutil aporte da madeira.

NOTA DE CATA
Cor vermella cereixa, de capa media. Con aromas de froitos vermellos (amorodos, grosellas), balsámicos e recordos de especiados (pementa negra). Na boca, é fresco, agradable, de bo paso por boca.

Únete al Club Albarei

Cada mes recibirás:

- Ofertas y descuentos exclusivos para miembros
- Novedades de la bodega
- Un montón de contenidos sobre el mundo del vino que te encantarán

Únete ao club Albarei
e obtén 5 € de desconto no teu próximo pedido.

Ademais, cada mes recibirás:

- Ofertas e descontos exclusivos para os socios
- Novidades da adega
- Moito contido sobre o mundo do viño que che encantará