Historia

Adega Condes de Albarei

Adega Condes de Albarei naceu en 1988 da man duns entusiastas viticultores do Val do Salnés, que tiñan o soño de elaborar albariños da máxima calidade. A adega converteríase axiña en obrigada referencia da D.O. Rías Baixas.

No ano 1991 Condes de Albarei obtén a medalla de ouro no Challenge International du Vin de Burdeos. Este galardón, o primeiro colleitado por un viño branco español, permitiríalle á adega a internacionalización dos seus viños, comercializándose en mercados tan distintos como Gran Bretaña, Estados Unidos, México ou Xapón.

No ano 2008, Condes de Albarei adquire a adega Pazo Baión emprendendo un importante proxecto vitivinícola e enoturístico.

Rias baixas

Galicia

O Val do Salnés constitúe unha das cinco subzonas pertencentes á denominación de orixe Rías Baixas

É a comarca de maior superficie vitícola da denominación, tendo o seu centro no municipio de Cambados

A comarca ten influenza atlántica con temperaturas medias suaves e altas precipitacións. O chan é arenoso e pobre, ideal para o cultivo da variedade de uva albariño.

Adega Condes de Albarei produce viños de recoñecida calidade con uva albariño, a variedade de gran expresión aromática e longa tradición de cultivo no val do Salnés.

X
Únete al Club Albarei

Cada mes recibirás:

- Ofertas y descuentos exclusivos para miembros
- Novedades de la bodega
- Un montón de contenidos sobre el mundo del vino que te encantarán

Únete ao club Albarei
e obtén 5 € de desconto no teu próximo pedido.

Ademais, cada mes recibirás:

- Ofertas e descontos exclusivos para os socios
- Novidades da adega
- Moito contido sobre o mundo do viño que che encantará