Carballo Galego 2017 (750ml)
66,00€ – 120,00€
Os mellores mostos flor son seleccionados para fermentar en barricas bordelesas novas de carballo galego, onde permanecen xunto coas súas lías durante meses para obter un albariño de gran carácter e singularidade.
De cor amarela limón con reflexos dourados. En nariz presenta unha boa intensidade aromática, na que se conxugan as notas de froita madura propias da variedade de uva, cos aromas típicos da crianza en barrica, como notas especiadas, café, vainilla e coco. En boca, o viño é moi denso, glicérico, longo e cunha gran persistencia aromática.
Produtos relacionados
-
Condes De Albarei 2023 (750ml)
37,50€ – 126,00€Condes De Albarei 2023 (750ml)
O albariño Condes de Albarei elabórase cos mellores mostos flor para extraer a pureza varietal da uva albariño.
SKU: N/D Categorías: Albariño, Condes de Albarei37,50€ – 126,00€ -
Áine 2016 (750ml) Caja 4 Botellas
100,00€Áine 2016 (750ml) Caja 4 Botellas
CAIXA 4 BOTELLAS
Este viño da adega Condes de Albarei toma o nome de Áine, deusa celta do aire e do vento, dona dos nosos soños e ilusións e, ademais, filla do deus do mar.
Albarei Áine elaborase coa uva procedente dos nosos viñedos bañados pola ría de Arousa, o que inflúe ‘maxicamente’ na maduración
Categorías: Albariño, Condes de Albarei, Selección Albarei100,00€ -
Pazo Baión “Vides De Fontán” 2018 (750ml)
50,00€ – 150,00€Pazo Baión “Vides De Fontán” 2018 (750ml)
Os antecedentes de Pazo Baión remóntanse ao s. XVI na propiedade coñecida como Casa de Fontán, onde segundo testemuñas escritas xa se cultivaban viñas no ano 1731, vides brancas e seguramente de albariño. Os actuais viñedos de Pazo Baión son a herencia daquelas míticas vides, perfectamente adaptadas á contorna de singularidade da finca, que imprimen unha forte personalidade aos viños. Das parcelas máis altas, elabórase este viño, no que salienta a súa longa vida en botella dentro doutros excepcionais caracteres sensoriais.
50,00€ – 150,00€ -
Sold out!
Pazo Baión “Gran A Gran” 2015 (500ml)
40,00€ – 160,00€Pazo Baión “Gran A Gran” 2015 (500ml)
A media ladeira, nos antigos viñedos de Pazo Baión cultivamos unha parcela de uva albariño na que se manifestan ano tras ano as condicións óptimas para desenvolver unha ‘podremia nobre’, producida polo fungo Botrytis Cinerea, en condicións de alternancia de mañás húmidas con tardes secas e soleadas.
40,00€ – 160,00€ -
Pack Sede De Verán
70,20€Pack Sede De Verán
Ofrecémosche esta selección dos nosos viños Condes de Albarei e Enxebre cuxa frescura é a maridaxe perfecta para o bo tempo.
O pack incluÉ: 3 botellas do albariño Condes de Albarei 2023 (750 ml) + 3 botellas do albariño Enxebre 2023 (750 ml) + caixa de cartón
Ademais… seguimos cos nosos gastos de envío gratis!
Categorías: Albariño, Condes de Albarei70,20€