Carballo Galego 2017 (750ml)
66,00€ – 120,00€
Os mellores mostos flor son seleccionados para fermentar en barricas bordelesas novas de carballo galego, onde permanecen xunto coas súas lías durante meses para obter un albariño de gran carácter e singularidade.
De cor amarela limón con reflexos dourados. En nariz presenta unha boa intensidade aromática, na que se conxugan as notas de froita madura propias da variedade de uva, cos aromas típicos da crianza en barrica, como notas especiadas, café, vainilla e coco. En boca, o viño é moi denso, glicérico, longo e cunha gran persistencia aromática.
Produtos relacionados
-
Orixe 2016 (750ml)
100,00€Orixe 2016 (750ml)
CAIXA 4 BOTELLAS
O albariño Albarei Orixe pretende levarnos ás orixes, ás elaboracións máis tradicionais.
Esta elaboración realízase coa uva albariña procedente das nosas cepas vellas. Trala súa fermentación en barricas de carballo francés, este viño posúe unha crianza de 3 meses en barrica
Categorías: Albariño, Condes de Albarei, Selección Albarei100,00€ -
Sold out!
Pazo Baión “Gran A Gran” 2015 (500ml)
40,00€ – 160,00€Pazo Baión “Gran A Gran” 2015 (500ml)
A media ladeira, nos antigos viñedos de Pazo Baión cultivamos unha parcela de uva albariño na que se manifestan ano tras ano as condicións óptimas para desenvolver unha ‘podremia nobre’, producida polo fungo Botrytis Cinerea, en condicións de alternancia de mañás húmidas con tardes secas e soleadas.
40,00€ – 160,00€ -
Pack Esencia Albarei
43,40€Pack Esencia Albarei
Presentámosche esta selección perfecta para degustar os nosos tres albariños Condes de Albarei, Enxebre e Condes de Albarei Carballo Galego, tres viños perfectos para gozar dos seus matices en calquera época do ano.
Este pack inclúe: 1 botella do albariño Condes de Albarei + 1 botella do albariño Enxebre + 1 botella do albariño Condes de Albarei Carballo Galego + caixa de madeira co logotipo da adega.
Categorías: 2022, Albariño, Condes de Albarei43,40€ -
Enxebre 2023 (750ml)
44,70€ – 154,80€Enxebre 2023 (750ml)
Elabórase exclusivamente con uvas moi maduras procedentes dos viñedos máis vellos. O proceso de elaboración basease nun antigo e artesanal método adaptado á moderna tecnoloxía da adega que consiste nunha maceración carbónica natural.
SKU: N/D Categorías: Albariño, Condes de Albarei44,70€ – 154,80€ -
Pazo Baión 2022 (750ml)
40,00€ – 120,00€Pazo Baión 2022 (750ml)
O albariño Pazo Baión amosa a máxima calidade da uva albariño cultivada nun singular viñedo, baixo o , de tal xeito que o seu ecosistema se expresa nitidamente no viño.
40,00€ – 120,00€