Albariño En Rama 2015 (750ml)
66,00€ – 120,00€
Partendo de uva albariño moi madura de viñas vellas e despois dunha elaboración respectuosa, este viño permaneceu en depósito durante varios anos sobre as súas lías finas, madurando lentamente. Como resultado deste longo proceso de afinamento, o viño amosa toda a súa pureza e integridade, que se reflicte na súa complexidade aromática, potencia, estrutura e lonxitude na boca.
Condes de Albarei en Rama destaca polo seu franco carácter varietal, floral (acacia, pétalo de rosa), vexetal (xara, espliego), con pousos de mel e unha grata e suxerente complexidade. Na boca, é opulento, sedoso, graxo e glicérico, equilibrado, saboroso, con acedume integrada. Final poderoso, floral con notas herbáceas e de froita compotada, e postgusto de gran viveza e lonxitude.
Produtos relacionados
-
Áine 2016 (750ml) Caja 4 Botellas
100,00€Áine 2016 (750ml) Caja 4 Botellas
CAIXA 4 BOTELLAS
Este viño da adega Condes de Albarei toma o nome de Áine, deusa celta do aire e do vento, dona dos nosos soños e ilusións e, ademais, filla do deus do mar.
Albarei Áine elaborase coa uva procedente dos nosos viñedos bañados pola ría de Arousa, o que inflúe ‘maxicamente’ na maduración
Categorías: Albariño, Condes de Albarei, Selección Albarei100,00€ -
Carballo Galego 2017 (750ml)
66,00€ – 120,00€Carballo Galego 2017 (750ml)
Os mellores mostos flor son seleccionados para fermentar en barricas bordelesas novas de carballo galego, onde permanecen xunto coas súas lías durante meses para obter un albariño de gran carácter e singularidade.
SKU: N/D Categorías: Albariño, Condes de Albarei66,00€ – 120,00€ -
Condes De Albarei 2023 (750ml)
37,50€ – 126,00€Condes De Albarei 2023 (750ml)
O albariño Condes de Albarei elabórase cos mellores mostos flor para extraer a pureza varietal da uva albariño.
SKU: N/D Categorías: Albariño, Condes de Albarei37,50€ – 126,00€ -
Pazo Baión 2022 (750ml)
40,00€ – 120,00€Pazo Baión 2022 (750ml)
O albariño Pazo Baión amosa a máxima calidade da uva albariño cultivada nun singular viñedo, baixo o , de tal xeito que o seu ecosistema se expresa nitidamente no viño.
40,00€ – 120,00€ -
Orixe 2016 (750ml)
100,00€Orixe 2016 (750ml)
CAIXA 4 BOTELLAS
O albariño Albarei Orixe pretende levarnos ás orixes, ás elaboracións máis tradicionais.
Esta elaboración realízase coa uva albariña procedente das nosas cepas vellas. Trala súa fermentación en barricas de carballo francés, este viño posúe unha crianza de 3 meses en barrica
Categorías: Albariño, Condes de Albarei, Selección Albarei100,00€