Pack Esencia Albarei
43,40€
Presentámosche esta selección perfecta para degustar os nosos tres albariños Condes de Albarei, Enxebre e Condes de Albarei Carballo Galego, tres viños perfectos para gozar dos seus matices en calquera época do ano.
Este pack inclúe: 1 botella do albariño Condes de Albarei + 1 botella do albariño Enxebre + 1 botella do albariño Condes de Albarei Carballo Galego + caixa de madeira co logotipo da adega.
– Condes de Albarei 2023: Amarelo dourado con reflexos verdosos. En nariz presenta unha intensidade media-alta, con aromas florais e matices de froitas brancas. Trátase dun aroma limpio e elegante. En boca, o viño é fresco, amplo, redondo e cunha marcada persistencia aromática.
– Enxebre 2023: Amarelo dourado con reflexos verdosos. En nariz presenta unha boa intensidade aromática, dominando os aromas afrutados a mazá, pexego, piña, sobre un sutil e elegante fondo de flores brancas. Na boca, o viño é fresco, glicérico, con corpo e un final lixeiramente amargo que lle proporciona unha gran personalidade e complexidade.
– Carballo Galego 2021: De cor amarela limón con reflexos dourados. En nariz presenta unha boa intensidade aromática, na que se conxugan as notas de froita madura propias da variedade de uva, cos aromas típicos da crianza en barrica, como notas especiadas, café, vainilla e coco. En boca, o viño é moi denso, glicérico, longo e cunha gran persistencia aromática.
Produtos relacionados
-
Condes De Albarei 2023 (750ml)
37,50€ – 126,00€Condes De Albarei 2023 (750ml)
O albariño Condes de Albarei elabórase cos mellores mostos flor para extraer a pureza varietal da uva albariño.
SKU: N/D Categorías: Albariño, Condes de Albarei37,50€ – 126,00€ -
Pazo Baión 2022 (750ml)
40,00€ – 120,00€Pazo Baión 2022 (750ml)
O albariño Pazo Baión amosa a máxima calidade da uva albariño cultivada nun singular viñedo, baixo o , de tal xeito que o seu ecosistema se expresa nitidamente no viño.
40,00€ – 120,00€ -
Pack Sede De Verán
70,20€Pack Sede De Verán
Ofrecémosche esta selección dos nosos viños Condes de Albarei e Enxebre cuxa frescura é a maridaxe perfecta para o bo tempo.
O pack incluÉ: 3 botellas do albariño Condes de Albarei 2023 (750 ml) + 3 botellas do albariño Enxebre 2023 (750 ml) + caixa de cartón
Ademais… seguimos cos nosos gastos de envío gratis!
Categorías: Albariño, Condes de Albarei70,20€ -
Enxebre 2023 (750ml)
44,70€ – 154,80€Enxebre 2023 (750ml)
Elabórase exclusivamente con uvas moi maduras procedentes dos viñedos máis vellos. O proceso de elaboración basease nun antigo e artesanal método adaptado á moderna tecnoloxía da adega que consiste nunha maceración carbónica natural.
SKU: N/D Categorías: Albariño, Condes de Albarei44,70€ – 154,80€ -
Carballo Galego 2017 (750ml)
66,00€ – 120,00€Carballo Galego 2017 (750ml)
Os mellores mostos flor son seleccionados para fermentar en barricas bordelesas novas de carballo galego, onde permanecen xunto coas súas lías durante meses para obter un albariño de gran carácter e singularidade.
SKU: N/D Categorías: Albariño, Condes de Albarei66,00€ – 120,00€