Pazo Baión “Vides De Fontán” 2018 (750ml)
50,00€ – 150,00€
Os antecedentes de Pazo Baión remóntanse ao s. XVI na propiedade coñecida como Casa de Fontán, onde segundo testemuñas escritas xa se cultivaban viñas no ano 1731, vides brancas e seguramente de albariño. Os actuais viñedos de Pazo Baión son a herencia daquelas míticas vides, perfectamente adaptadas á contorna de singularidade da finca, que imprimen unha forte personalidade aos viños. Das parcelas máis altas, elabórase este viño, no que salienta a súa longa vida en botella dentro doutros excepcionais caracteres sensoriais.
De cor amarela brillante con reflexos verdosos. De destacado carácter varietal, con presenza de aromas de (azahar e xazmín), froita de óso e cítricos, con integradas notas de . En boca, é fresco e equilibrado, de boa estrutura, graxo, envolvente, mineral e de longo desenvolvemento, cun final persistente moi aromático que combina as notas de la crianza coas varietais.
Produtos relacionados
-
Orixe 2016 (750ml)
100,00€Orixe 2016 (750ml)
CAIXA 4 BOTELLAS
O albariño Albarei Orixe pretende levarnos ás orixes, ás elaboracións máis tradicionais.
Esta elaboración realízase coa uva albariña procedente das nosas cepas vellas. Trala súa fermentación en barricas de carballo francés, este viño posúe unha crianza de 3 meses en barrica
Categorías: Albariño, Condes de Albarei, Selección Albarei100,00€ -
Libro Pazo Baión
50,00€Libro Pazo Baión
O libro “Pazo Baión. Mellor Recuncho Enoturístico de España 2016”, é a reedición e actualización do libro “Pazo Baión. Cooperativa Condes de Albarei”, publicado no ano 2012, e que foi merecedor dun premio Gourmand World Wine Book ao mellor libro do mundo na categoría de “libro do viño para profesionais”
Da man de José Hidalgo, César Portela e Xosé Fortes facemos un recorrido polos momentos máis importantes da historia desta emblemática leira que data a súa orixe no século XVI e que no ano 2008 foi adquirida pola adega Condes de Albarei.
Ademais coñecerás os aspectos enolóxicos máis importantes da marca; e descubrirás a beleza paisaxística e arquitectónica da leira a través das magníficas ilustracións que o acompañan e que che permitirán transportarche ata Pazo Baión.
Esta exclusiva edición componse de libro e estoxo individual, unha combinación perfecta para regalar
Categoría: Publicacións Etiqueta: Pazo Baión50,00€ -
Carballo Galego 2017 (750ml)
54,00€ – 96,00€Carballo Galego 2017 (750ml)
Os mellores mostos flor son seleccionados para fermentar en barricas bordelesas novas de carballo galego, onde permanecen xunto coas súas lías durante meses para obter un albariño de gran carácter e singularidade.
SKU: N/D Categorías: Albariño, Condes de Albarei54,00€ – 96,00€ -
Albariño En Rama 2015 (750ml)
66,00€ – 120,00€Albariño En Rama 2015 (750ml)
Partendo de uva albariño moi madura de viñas vellas e despois dunha elaboración respectuosa, este viño permaneceu en depósito durante varios anos sobre as súas lías finas, madurando lentamente. Como resultado deste longo proceso de afinamento, o viño amosa toda a súa pureza e integridade, que se reflicte na súa complexidade aromática, potencia, estrutura e lonxitude na boca.
SKU: N/D Categorías: Albariño, Condes de Albarei66,00€ – 120,00€ -
Condes De Albarei 2022 (750ml)
37,50€ – 126,00€Condes De Albarei 2022 (750ml)
O albariño Condes de Albarei elabórase cos mellores mostos flor para extraer a pureza varietal da uva albariño.
SKU: N/D Categorías: 2022, Albariño, Condes de Albarei37,50€ – 126,00€