Pazo Baión “Gran A Gran” 2015 (500ml)
40,00€ – 160,00€
A media ladeira, nos antigos viñedos de Pazo Baión cultivamos unha parcela de uva albariño na que se manifestan ano tras ano as condicións óptimas para desenvolver unha ‘podremia nobre’, producida polo fungo Botrytis Cinerea, en condicións de alternancia de mañás húmidas con tardes secas e soleadas.
A vendima faise de xeito manual en pasadas sucesivas e cunha exigua produción de baias parcialmente pasificadas. O resultado é este singular viño.
Pazo Baión ‘Gran a Gran’ presenta unha cor amarela dourada. En nariz predominan os aromas florais e notas de mel así como de froitas confitadas (naranxa), e marmelada de albaricoque. En boca é fresco, con sensacións doces. Cun longo final de boca e suave.
Produtos relacionados
-
Libro Pazo Baión
50,00€Libro Pazo Baión
O libro “Pazo Baión. Mellor Recuncho Enoturístico de España 2016”, é a reedición e actualización do libro “Pazo Baión. Cooperativa Condes de Albarei”, publicado no ano 2012, e que foi merecedor dun premio Gourmand World Wine Book ao mellor libro do mundo na categoría de “libro do viño para profesionais”
Da man de José Hidalgo, César Portela e Xosé Fortes facemos un recorrido polos momentos máis importantes da historia desta emblemática leira que data a súa orixe no século XVI e que no ano 2008 foi adquirida pola adega Condes de Albarei.
Ademais coñecerás os aspectos enolóxicos máis importantes da marca; e descubrirás a beleza paisaxística e arquitectónica da leira a través das magníficas ilustracións que o acompañan e que che permitirán transportarche ata Pazo Baión.
Esta exclusiva edición componse de libro e estoxo individual, unha combinación perfecta para regalar
Categoría: Publicacións Etiqueta: Pazo Baión50,00€ -
Carballo Galego 2017 (750ml)
66,00€ – 120,00€Carballo Galego 2017 (750ml)
Os mellores mostos flor son seleccionados para fermentar en barricas bordelesas novas de carballo galego, onde permanecen xunto coas súas lías durante meses para obter un albariño de gran carácter e singularidade.
SKU: N/D Categorías: Albariño, Condes de Albarei66,00€ – 120,00€ -
Pack Sede De Verán
70,20€Pack Sede De Verán
Ofrecémosche esta selección dos nosos viños Condes de Albarei e Enxebre cuxa frescura é a maridaxe perfecta para o bo tempo.
O pack incluÉ: 3 botellas do albariño Condes de Albarei 2023 (750 ml) + 3 botellas do albariño Enxebre 2023 (750 ml) + caixa de cartón
Ademais… seguimos cos nosos gastos de envío gratis!
Categorías: Albariño, Condes de Albarei70,20€ -
Orixe 2016 (750ml)
100,00€Orixe 2016 (750ml)
CAIXA 4 BOTELLAS
O albariño Albarei Orixe pretende levarnos ás orixes, ás elaboracións máis tradicionais.
Esta elaboración realízase coa uva albariña procedente das nosas cepas vellas. Trala súa fermentación en barricas de carballo francés, este viño posúe unha crianza de 3 meses en barrica
Categorías: Albariño, Condes de Albarei, Selección Albarei100,00€ -
Condes De Albarei 2023 (750ml)
37,50€ – 126,00€Condes De Albarei 2023 (750ml)
O albariño Condes de Albarei elabórase cos mellores mostos flor para extraer a pureza varietal da uva albariño.
SKU: N/D Categorías: Albariño, Condes de Albarei37,50€ – 126,00€