- Sentímolo, este produto non se pode comprar.
Pack Sede De Verán
70,20€
Ofrecémosche esta selección dos nosos viños Condes de Albarei e Enxebre cuxa frescura é a maridaxe perfecta para o bo tempo.
O pack incluÉ: 3 botellas do albariño Condes de Albarei 2023 (750 ml) + 3 botellas do albariño Enxebre 2023 (750 ml) + caixa de cartón
Ademais… seguimos cos nosos gastos de envío gratis!
‘- Condes de Albarei 2023: De cor amarelo dourado con reflexos verdosos. En nariz presenta unha intensidade media-alta, con aromas florais e matices de froitas brancas. Trátase dun aroma limpio e elegante. En boca, o viño é fresco, amplo, redondo e cunha marcada persistencia aromática.
– Enxebre 2023: Amarelo dourado con reflexos verdosos. En nariz presenta unha boa intensidade aromática, dominando os aromas afrutados a mazá, pexego, piña, sobre un sutil e elegante fondo de flores brancas. Na boca, o viño é fresco, glicérico, con corpo e un final lixeiramente amargo que lle proporciona unha gran personalidade e complexidade.
Produtos relacionados
-
Carballo Galego 2017 (750ml)
66,00€ – 120,00€Carballo Galego 2017 (750ml)
Os mellores mostos flor son seleccionados para fermentar en barricas bordelesas novas de carballo galego, onde permanecen xunto coas súas lías durante meses para obter un albariño de gran carácter e singularidade.
SKU: N/D Categorías: Albariño, Condes de Albarei66,00€ – 120,00€ -
Pazo Baión “Vides De Fontán” 2018 (750ml)
50,00€ – 150,00€Pazo Baión “Vides De Fontán” 2018 (750ml)
Os antecedentes de Pazo Baión remóntanse ao s. XVI na propiedade coñecida como Casa de Fontán, onde segundo testemuñas escritas xa se cultivaban viñas no ano 1731, vides brancas e seguramente de albariño. Os actuais viñedos de Pazo Baión son a herencia daquelas míticas vides, perfectamente adaptadas á contorna de singularidade da finca, que imprimen unha forte personalidade aos viños. Das parcelas máis altas, elabórase este viño, no que salienta a súa longa vida en botella dentro doutros excepcionais caracteres sensoriais.
50,00€ – 150,00€ -
Pack Esencia Albarei
43,40€Pack Esencia Albarei
Presentámosche esta selección perfecta para degustar os nosos tres albariños Condes de Albarei, Enxebre e Condes de Albarei Carballo Galego, tres viños perfectos para gozar dos seus matices en calquera época do ano.
Este pack inclúe: 1 botella do albariño Condes de Albarei + 1 botella do albariño Enxebre + 1 botella do albariño Condes de Albarei Carballo Galego + caixa de madeira co logotipo da adega.
Categorías: 2022, Albariño, Condes de Albarei43,40€ -
Condes De Albarei 2023 (750ml)
37,50€ – 126,00€Condes De Albarei 2023 (750ml)
O albariño Condes de Albarei elabórase cos mellores mostos flor para extraer a pureza varietal da uva albariño.
SKU: N/D Categorías: Albariño, Condes de Albarei37,50€ – 126,00€ -
Orixe 2016 (750ml)
100,00€Orixe 2016 (750ml)
CAIXA 4 BOTELLAS
O albariño Albarei Orixe pretende levarnos ás orixes, ás elaboracións máis tradicionais.
Esta elaboración realízase coa uva albariña procedente das nosas cepas vellas. Trala súa fermentación en barricas de carballo francés, este viño posúe unha crianza de 3 meses en barrica
Categorías: Albariño, Condes de Albarei, Selección Albarei100,00€