¡Únete ao Club Albarei e recibe 5 € de descenso!

Mantemos o noso compromiso coa reciclaxe con máis de 800.000 quilos de residuos

Mantemos o noso compromiso coa reciclaxe con máis de 800.000 quilos de residuos

O domingo 17 de maio celébrase o Día Mundial da Reciclaxe, unha data para lembrar que o futuro do noso planeta pasa por coidar e protexer a nosa contorna e que ás veces as pequenas accións, como tirar os residuos no seu correspondente contedor, supoñen un cambio global. Desde a nosa adega, situada na denominación de orixe Rías Baixas, traballamos para potenciar actividades e proxectos que promoven o coidado e respecto polo medio ambiente como é, por exemplo, a reciclaxe de residuos.

Para reducir o impacto ambiental da nosa actividade vitivinícola, esforzo que levamos facendo desde a nosa fundación no ano 1988, participamos en distintos proxectos como

Ecovidrio ou Viñas Atlánticas. Ecovidrio, é unha organización sen ánimo de lucro centrada na recollida e reutilización de vídrios en toda España, buscando que por exemplo, as botellas dos nosos viños teñan máis vidas útiles. Viñas Atlánticas, pola súa banda, é un proxecto ambiental que ten como obxectivo lograr a produción de viño sostible nos viñedos da zona da D.O. Rías Baixas en Galicia, limitando o uso de produtos fitosanitarios.

Ademais, un ano máis, estamos moi satisfeitos de anunciar que reforzamos o noso forte compromiso coa reciclaxe, unha aposta que reflicte os valores da nosa adega e que se ve plasmado nos datos alcanzados nos últimos meses. Así no ano 2019 Condes de Albarei contribuíu á reciclaxe de 775.000 quilos de vidro, 44.000 quilos de cartón, 5.600 quilos de corcho e máis de 1.400 quilos de aluminio.

O futuro do medio ambiente pasa polo respecto á nosa contorna a través dunha actividade responsable, algo que temos moi claro e que vos convidamos a que compartades nas vosas rutinas diarias. Os nosos viñedos atópanse nunha zona privilexiada do mundo, bañados pola costa atlántica e un clima suave. Un paraíso natural que queremos conservar e que fai que os nosos albariños teñan un carácter moi especial. Só temos un mundo, cóidao!

X
Únete al Club Albarei

Cada mes recibirás:

- Ofertas y descuentos exclusivos para miembros
- Novedades de la bodega
- Un montón de contenidos sobre el mundo del vino que te encantarán

Únete ao club Albarei
e obtén 5 € de desconto no teu próximo pedido.

Ademais, cada mes recibirás:

- Ofertas e descontos exclusivos para os socios
- Novidades da adega
- Moito contido sobre o mundo do viño que che encantará