Con cinco denominacións de orixe propias, o enoturismo foise consolidando de forma sólida en Galicia nos últimos anos. Unha maneira única de vivir o destino que cada ano acolle a máis apaixonados desta forma de turismo slow. Sabor e paisaxes únicos, bañados coa esencia dos viños galegos.
Xa son máis de 100.000 enoturistas os que durante todo o ano deciden achegarse ás Rías Baixas para coñecer as excelencias do albariño. O mimo e a paixón polo traballo ben feito, dá como resultado viños de indescritible sabor e calidade que conforman esta incomparable denominación de orixe. É por iso que esta variedade é totalmente merecedora da fama da que hoxe en día presume.
Pazo Baión forma parte deste enclave único cheo de sabor. Vides de albariño, unha adega cargada de historia e espectaculares xardíns, forman parte deste máxico lugar de Vilanova de Arousa. Un espazo conservado co máximo coidado e coas mellores condicións para a produción dos nosos viños: Pazo Baión, Pazo Baión “Gran a Gran” e Pazo Baión “Vides de Fontán”.
Poderás gozar dos nosos viñedos e adega, e coñecer como se elaboran os albariños de Pazo Baión a través das nosas visitas. Percorre os espazos cargados de maxia e historia impresos na arquitectura pacega do s. XV que posúe o pazo e das súas preciosas paisaxes, termina a túa visita degustando o albariños Pazo Baión e Condes de Albarei que farán que a túa experiencia sexa deliciosamente única. Escolle a forma/visita que máis che guste entre os nosos circuítos guiados e constrúe o teu mellor recordo no Val do Salnés.
A través da opción ‘Microuniverso Pazo Baión’ descobre os encantos do eido e saborea os albariños de Condes de Albarei e Pazo Baión. Se optas por ‘Viños de Pago’ ou ‘A alma dos Albariños’, poderás coñecer a calidade da uva da nosa leira e catar os nosos albariños e algunhas referencias de Condes de Albarei, acompañados da perfecta maridaxe.
Se queres saber máis sobre os viñedos de Condes de Albarei, faino a través de ‘Selección Albarei’ onde terás a oportunidade de degustar 4 elaboracións singulares desta adega: 2 albariños e 2 tintos de variedades autóctonas galegas. Doutra banda, a opción de ‘Contrastes’ é toda unha experiencia onde te enfrontarás a dous albariños de Pazo Baión e dous de Condes de Albarei. Por último, para os máis esixentes, a ‘Cata do Enólogo’ é a opción perfecta. Os nosos enólogos encárganse de ser os guías da experiencia e serás ti ao final desta quen escolla os viños para catar, acompañados da maridaxe correspondente.
Coñece de primeira man a nosa leira e o traballo levado a cabo para conseguir os nosos viños a través de calquera dos nosos percorridos. Ven a descubrir o noso pequeno paraíso de sabor e natureza en plena Ría de Arousa.
Reserva xa e garante a túa visita ao noso recuncho do Atlántico. Esperámoste en Pazo Baión, para bañar de sabor a tu experiencia de enoturismo en Galicia cos nosos viños Rías Baixas.