Condes de Albarei presenta a súa nova imaxe corporativa

Condes de Albarei e a súa nova etiqueta

Condes de Albarei presenta a súa nova imaxe corporativa

Nun mundo en constante cambio, permanecer inmóbil non é unha opción. En Condes de Albarei sabemos que volverse a inventar, adaptarse ás novas realidades e camiñar mirando cara ó futuro, pero sen esquecer o pasado, é algo fundamental. 

Por iso, despois de moito traballo, esforzo, tempo e dedicación querémosvos amosar o último froito dun proxecto que comezou no ano 1988 e que hoxe está máis vivo que nunca.

O ano 2021 quedará sinalado no noso calendario para sempre, marcando un antes e un despois na Adega Condes de Albarei. 

A nosa adega estrea unha nova imaxe corporativa, deixando atrás o seu emblemático logo e apostando pola renovación, a modernidade e a frescura.

Unha nova identidade que mira cara ó futuro, sen deixar de lado todo aquilo que nos converteu no que somos. A nosa tradición e valores, elementos esenciais da nosa adega, mantéñense íntegros co paso do tempo.

Se queres saber máis sobre a nova identidade corporativa de Condes de Albarei, convidámoste a que sigas a ler este post. 

Esa cor tan nosa

Hai unha cor única e singular que nos acompaña cada día nos nosos viñedos. Unha cor que temos a fortuna de gozar cada vez que alzamos a mirada cara á ría de Arousa, o mesmo que marcou a imaxe da nosa adega dende aquela primeira colleita do ano 1988.

Falamos da color verde, a que queda agora reflectida no noso novo logo e etiqueta, e que significa tradición, orixe e singularidade. Por outra parte, aparece a cor dourada para transmitir toda a calidade e prestixio da uva albariño.

Cando a emoción é compartida

Elementos que nos unen

Por suposto, non son só as cores as que nos falan de Condes de Albarei nesta nova etiqueta. Cada elemento, cada forma, ten o seu propio significado.

O círculo simboliza o ingrediente principal e a nosa razón de ser: a uva albariño. Ademais, xera un vencello coa nosa adega Pazo Baión, dado que esta uva é o último elemento do seu logo.

Pero non só iso, senón que tamén é un símbolo da unión de tódolos viticultores que compoñen Condes de Albarei e un xeito sinxelo de transmitir, a través dunha circunferencia, o equilibrio perfecto dos nosos albariños.

As ondas evocan a nosa ría e o océano, dous elementos chave que modulan a nosa contorna, aportándolle á nosa uva esa nota típica e singularidade única da nosa zona.

Albarei é Salnés, Salnés é Galicia

Por último, pero non por elo menos importante, hai  palabras moi importantes neste novo deseño.

As palabras “Salnés” e “Galicia” acompañan ó logotipo da nosa adega, axudando a que a xente a sitúe no mapa.

En definitiva, con esta nova imaxe buscamos transmitir unha perfecta comuñón entre tódolos elementos que conforman Condes de Albarei. E, con sorte, logrará xerar en vosoutros a mesma emoción que sentimos ó abrir unha das nosas botellas.  

Porque cando a emoción nos alcanza, é tanto o que necesitamos compartir, que as palabras non chegan. 

X
Únete al Club Albarei

Cada mes recibirás:

- Ofertas y descuentos exclusivos para miembros
- Novedades de la bodega
- Un montón de contenidos sobre el mundo del vino que te encantarán

Únete ao club Albarei
e obtén 5 € de desconto no teu próximo pedido.

Ademais, cada mes recibirás:

- Ofertas e descontos exclusivos para os socios
- Novidades da adega
- Moito contido sobre o mundo do viño que che encantará